Vivimos no mundo da intelixencia artificial, das compras online, das recomendacións baseadas nas procuras que facemos no Internet e dos algoritmos que rastrexan os nosos gustos. Vale, é rápido e cómodo, pero as máquinas nunca poderán substituír o arrecendo dunha libraría, a emoción de mergullarte polos estantes cheos de libros ou as propostas personalizadas que nos fai a nosa libreira.

Nós témolo claro…

ti de que es, de algoritmos ou de persoas?


Vivimos no mundo da intelixencia artificial, das compras online, das recomendacións baseadas nas procuras que facemos no Internet e dos algoritmos que rastrexan os nosos gustos. Vale, é rápido e cómodo, pero as máquinas nunca poderán substituír o arrecendo dunha libraría, a emoción de mergullarte polos estantes cheos de libros ou as propostas personalizadas que nos fai a nosa libreira.

Nós témolo claro…

ti de que es, de algoritmos ou de persoas?

somos moi de persoas

Por que esta campaña?

Cada día, milleiros de persoas en Galicia compran libros seguindo suxestións como:

  • Os usuarios que compraron isto tamén compraron…
  • Baseado nos teus hábitos de compra…
  • O noso algoritmo recomenda para ti…

Mentres, as nosas librarías son espazos de resistencia cultural e de comunidade, e optamos por un modelo ben diferente:

  • Escoitamos as túas necesidades, as túas ideas
  • Coñecemos eses libros únicos que non aparecen nas procuras
  • Facemos recomendacións baseadas en conversas, non en códigos
  • Atinamos con libros que nunca imaxinarías

Lembra! Un algoritmo analiza o que compraches antes: unha libreira escóitate para saber o que precisas agora.

Os números da resistencia

Non cotizamos en Bolsa, pero temos grandes números

Parácheste a pensar na cantidade de librarías independentes que hai en Galicia? Todas elas son puntos de venda cercanos a ti, con recomendacións personalizadas, cun catálogo descentralizado e con moitas ganas de que as visites. Non hai plataforma online que supere iso!

+150
Máis de 150 librarías socias da Federación de Librarías de Galicia, nas diferentes vilas e cidades de todo o país.
92%
O 92% das persoas que visitan as nosas librarías levaron libros que non atoparían mercando online.
∞
Infindas as conversas que cambiaron a vida dunha persoa a través dun libro único recomendado nunha libraría.
únete á resistencia

Queres participar na campaña? É ben doado

Es unha libraría da Federación?

Nas vindeiras semanas recibirás un kit de materiais da campaña: colócaos na túa libraría, visibiliza a campaña, comparte en redes sociais etiquetando a @LibrariasGal e co hashtag #AlgoritmosVSPersoas

Es unha lectora ou lector?

Únete ao movemento: visita as librarías do teu barrio ou da túa vila, comparte coas túas amizades a importancia de manter vivas as librarías independentes, comparte en redes sociais etiquetando a @LibrariasGal e co hashtag #AlgoritmosVSPersoas

CONTAMOS CONTIGO

Chegou a hora de decidir

Cada vez que entras nunha libraría independente estás a apostar por un mundo onde as persoas importan máis que os algoritmos, onde as librarías seguen a ocupar un papel fundamental nas nosas vidas.

Cada libro que compras aquí é un acto de resistencia cultural.

  • Entrei na procura dun libro para o verán, sen moita idea e saín con tres marabillas que fixeron das vacacións unha experiencia única. Longa vida ás librarías!
    Lectora imaxinaria
    Pero que podería existir
  • Pode que as plataformas de Internet sexan máis rápidas na procura… o que non saben é que na miña libraría o tempo detense e deixa de importar.
    libreira imaxinaria
    Mais que de feito, existe

descarga de balde

Gostas dos materiais da campaña? Lévaos para a casa ou para as redes!